Buscar

Galeguizando

Blogue de Lingua Galega

Visita de María Canosa (3º EP)

image00012

O mércores 24 de abril recibimos a visita de María Canosa, coa que compartimos unha interesante sesión na que revisamos a súa obra O día que choveu do revés, que xa traballaramos previamente na aula.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Queremos agradecer a amabilidade e entusiasmo de María, e agardamos poder contar con ela no futuro.

🙂

O pase de diapositivas require JavaScript.

Día do libro – Caligramas 3º EP

Onte conmemoramos o día do libro traballando un poema de Marilar Aleixandre, sobre o que comezamos a facer caligramas coas súas estrofas.

IMG_3082

O pase de diapositivas require JavaScript.

Día de Rosalía 2019

 

Esta semana dedicamos as sesións de galego a traballar a figura de Rosalía de Castro, facendo achegas biográficas básicas, e tamén comentando aspectos da súa vida que non son tan coñecidos e son fundamentais para entender a súa vida e a súa obra. Tamén recitamos e falamos das diferentes temáticas presentes nas súas publicacións.

 

IMG_6275.JPG

Os grupos Padre F. e Cruz G. amosaron moito entusiasmo por coñecer un pouco máis á muller que da nome á nosa escola, e non deixaron de preguntar máis e máis datos sobre a súa vida.  Tamén fixemos o noso propio retrato rosaliano.

IMG_6282.JPG

 

As clases Padre Sarmiento e Irmandiños, ademais de traballar os libros Rosalía e o exemplar rosaliano de Mulleres Bravas da Nosa Historia recitamos poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

IMG_6191

Os grupos E. Curie e María Montessori traballaron a versión máis loitadora e feminista de Rosalía de Castro, con exemplos concretos da súa obra.

IMG_6388 (1)

Esses mesmos grupos tamén fixeron un concurso de xeroglíficos. Nos próximos días, o alumnado dos outros cursos de primaria tentará descifrar o seu contido. Haberá sorpresas para quen adiviñe máis!

O pase de diapositivas require JavaScript.

E por último convocamos  un concurso de retratos rosalianos entre as clases P. Sarmiento, Irmandiños, Alexadre Bóveda e Bertrand Russell.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

Departamento de Lingua e Literatura Galega

24 de febreiro de 2019

11 de febreiro – Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. (P. Sarmiento e Irmandiños)

 

image00030

(Ángeles Alvariño, recoñecida oceanógrafa de Ferrol)

Aproveitando que hoxe é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, comezamos a semana falando da importancia de visibilizar o labor das mulleres ao longo da historia.

Nesta ocasión tocou falar de científicas, mais desde hoxe até o 8 de marzo (día Internacional da Muller Traballadora), faremos un interesante percorrido histórico para coñecermos mulleres galegas que foron e son un referente a nivel internacional en diferentes ámbitos: cultural, deportivo, artístico…

Mulleres pioneiras, mulleres que inspiran… Para todas elas vai a nosa pequena homenaxe desde as aulas de lingua galega.

Aquí tedes unha mostra do traballo que hoxe comezamos, pero do que aínda temos moito que falar e aprender.

As nenas e os nenos de Padre Sarmiento e Irmandiños.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Traballando o día contra a violencia machista desde as aulas

 

As c

lases de galego de 3º da semana pasada foron dedicadas integramente a traballar a igualdade e a coeducación, a través de relatos, contos e curtametraxes. (Artur e Clementina, Os paxariños, Principiñas e princesiños, Rato en venda…)

Tras varios interesantes debates e  postas en común sobre estereotipos de xénero, respecto á diferenza, empatía, bo trato e formas de promover a igualdade entre nenas e nenos traballamos en equipo para plasmar en debuxos e carteis o que nos pareceu máis relevante.

Seguiremos tratando estes temas o resto do curso, como parte do proxecto anual sobre educación emocional que iniciamos no mes de outubro falando do medo.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Entrevista ao escritor Xavier Frías

O alumnado de 3º Padre Sarmiento e Irmandiños entrevistamos ao escritor Xavier Frías, que con moita amabilidade deu resposta ás nosas inquedanzas e curiosidades por correo electrónico. Queremos agradecer a Xavier a súa colaboración coa escola nesta e futuras iniciativas que terán lugar ao longo de curso.

Xavier Frías Conde é orixinario da comarca Eo-Navia de Asturias. Arestora vive na Mancha toledana. Traballa como profesor universitario na UNED. Escribe literatura desde sempre, mais gusta principalmente de escribir para nenos e nenas. Ten unha pequena editora, Ianua, e ocúpase cun blogue de literatura infantil, www.oreinodoscontos.com

 

 

Ola, rapaces e rapazas. É un pracer saudarvos. Mándovos unha aperta d’A Mancha, a terra de Don Quixote.
 
1. Que linguas sabes falar? 
 
Hai linguas que falo ben, como o español, galego, portugués, inglés, francés, catalán ou italiano. Hai outras que falo máis ou menos, como o checo (estou casado cunha checa e aprendín o idioma dela) ou o alemán.
 
2. Cantos libros escribiches?
 
Máis de cincuenta, mais entre eles hai libros para nenos, libros de poesía, libros de narrativa para adultos, etc.
 
3. Cando escribiches o primeiro teu libro?
 
O primeiro libro que publiquei, que é do que me lembro, foi en 1991. Era un libro de poemas cuxo título era “Onte foi cabalo de cinza”. A seguir publiquei un conto, no ano seguinte, co título de “O xabaril que quería engalar”. Desde ese momento, non parei de escribir.
 
4. Cal é a túa inspiración para escribires?
 
Depende do que escriba, non hai unha soa fonte de inspiración, hai moitas. Porén, para os contos e romances infantís, o que me inspira poden ser mil cousas. Por veces son palabras que se cruzan na miña cabeza e van creando soas unha estoria. Outras veces son cousas reais, que me dan pé a unha estoria, mais que adoito mudar canto ao final, sobre todo. A combinación de palabras é unha das miñas fontes de inspiración máis frecuentes. Iso é algo que utilizou un dos mellores escritores de literatura infantil, que considero un dos meus mestres, Gianni Rodari. 
 
5. En cantas linguas escribes?
 
Principalmente en galego-portugués e español. Por veces algo en inglés.
Vigo, 20 de setembro de 2018

Curso 2015/2016 – SEMPRE SEREMOS UNHA FAMILIA

P1020294.JPG

Hai uns días fun a unha festa de antigos alumnos. Cando iamos á escola todos nos levabamos moi ben aínda que houbese algunha que outra discusión. Na clase todas poñiamos da nosa parte para facer que a clase fora mellor, tamén tiñamos unha boa relación cos mestres, todo iso facía que as clases fosen máis divertidas.

Cada un tiña unha forma de ser, con distintos gustos, pero iso era o que distinguía esa clase doutras. Como dicía un neno, eramos unha “family”. Eu recordo coma se fose onte o que vivín cos meus compañeiros: risas, tristezas, alegrías, enfados e tamén os famosos alcumes.

Na clase de música, sociais e naturais coas bromas e as broncas, na de educación física, mates, lengua e inglés coas intervencóns que queiras ou non, facíanche rir. Nas horas de biblioteca, valores, Galego e Science aprendiamos algo interesante dunha maneira particular e pasándoo ben. E nas clases de plástica facendo loucuras.

Todo era fantástico ata que rematamos primaria, uns quedaron no colexio, outros marcharon ao instituto e mesmo algúns da cidade.

Co paso do tempo seguiamos en contacto pero non era o mesmo, sempre que quedabamos faltaba alguén. Hoxe día 24 de novembro de 2020 estamos todos os amigos xuntos nun restaurante como nos vellos tempos e decidimos que polo menos nos tiñamos que ver unha vez ao mes e non esquecer aquela etapa da nosa vida e seguir como se non pasaran os anos.

Sofía Fernández Cabaleiro

6º Ramón María Aller

Curso 2015/2016

Reportaxe sobre a Carreira Solidaria – Sofía Fernández Cabaleiro (6º R. M. Aller)

carreira

Desde hai un ano a Escola Rosalía de Castro e o Colexio Mariano organizan unha carreira solidaria para “Acción contra a fame”.

Todos os nenos e nenas de 3º de primaria até 3º da ESO esforzáronse moito dando o máximo posible. Os de 3º e 4º deron voltas de 500 metros e a partir de 5º deron voltas dun quilómetro. Rapaces e rapazas foron buscando patrocinadores, isto quere dicir que se un neno dá dúas voltas e por cada volta o patrocinador lle dá 2 euros irá recadando cartos para auga potable, comida ou medicamentos para os países máis pobres do mundo.

Vários nenos e nenas admitiron que tiveron que facer un gran esforzo, pero que pagou a pena.

En resumo, fixérono moi ben e é moi importante ensinarlles este tipo e cousas aos rapaces e rapazas para que aprendan que con algo de esforzo podemos axudar a moitas persoas.

Homenaxeando Manuel María

AventurasedesventurasdunhaespinhacjamadaBerenguelaREDIM

Este ano celebramos o Día das Letras Galegas homenaxeando Manuel María dun xeito bastante especial.

Tras a lectura da obra de teatro “Berenguela. Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo” decidimos crear a nosa propia obra de teatro breve en grupos de 4 ou 5 para representar nas clases de 2º de EP.

Nos próximos días teredes noticias do resultado!

Blog en WordPress.com.

Subir ↑