Aquí tedes a actividade interactiva sobre Carvalho Calero.
As imaxes da casa de Ricardo Carvalho Calero:
E o video
Podedes deixar a vosa opinión sobre a actividade que vos propoño esta semana no apartado Comentarios que atoparedes ao final desta publicación.
Maio 11, 2020 at 6:43 pm
Ola Helena. Eu creo que eles ou nós deberíamos organizar unhas festas con por exemplo, postos de comida, de roupa , de accesorios,… E con ese diñeiro poderían facer un museo que poñeran e dixeran a súa vida e as súas obras máis importantes. Moitos bicos, Dora.
GústameLiked by 1 person
Maio 12, 2020 at 10:10 am
Bos días Helena!
Somos Estela Fernández (5º Esposos Curie), e Bárbara, a súa nai. Nós quedamos abraiadas ao ver o estado no que se atopa esta casa, que viu nacer a Ricardo Carbalho Calero. Pensamos que, coa axuda de iniciativas tanto veciñais (de Ferrol ou doutras localidades galegas), coma de institucións públicas (concello, Xunta…) e privadas (Real Academia Galega…), poderíase facer unha reconstrución e crear unha casa-museo, seguindo o exemplo doutras, coma a de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas ou a Casa dos Poetas. Unha maneira de recadar cartos podería ser a través dunha Festa da Lectura, na que a xente poidese doar cartos mentres se len obras do autor, se fan actividades para nenos, etc.
Moitos bicos e apertas!
GústameLiked by 1 person
Maio 12, 2020 at 3:45 pm
Boas tardes Helena:
Son Hugo Lago, a verdade e que é unha pena o estado en que se atopa a casa natal de Ricardo Carvalho Calero.
A min paréceme unha boa idea facer unha biblioteca coas obras do autor e de outros autores que formaron parte do movemento reintegracionista.
Unha aperta!!
GústameLiked by 1 person
Maio 13, 2020 at 9:43 am
Ola Helena!
Son Anton, era para dar a miña opinión sobre isto.
Eu creo que é unha casa que se a reformas podería quedar fermosa, ademais xa que invertiron tantos cartos nela deberían facer algo. O que eu faria sería reformara, poñela moderna por dentro para que apeteza entrar e no exterior cambiala tamen. Como dixera Dora, eu tamén poñería un museo explicando a vida de Ricardo que polo que vin é bastante completa.
Un bico,adeus.
GústameLiked by 1 person
Maio 13, 2020 at 10:07 am
Ola Helena , despoís desta reportaxe tan completa e tan ben feita , que nos mostra, tamen ,a situación de como se encontra parte do noso patrimonio cultural,sería preciso tomar conciencia da importancia de invertir na nosa cultura ,dende o concello,destinando unha porcentaxe dos presupostos e como cidadans aportando tamen ideas e propos tas ,onde poder recaudar e acercar a cultura a tod@s ciudadans.A través de encontros , onde un lema podería ser : ” un euro-ciudan pola nosa cultura ” .Grazas
GústameLiked by 1 person
Maio 13, 2020 at 11:29 am
Ola Helena
Non me gustaria que a casa quedase nese estado.
Eu creo que o que se debría facer é unha biblioteca, con todas as obras dos artistas que foron recoñecidos este día. Cada ano renovaríase, poñendo as obras do novo elixido
GústameLiked by 2 people
Maio 13, 2020 at 11:33 am
A min o que me pareceria correcto é restaurarla un pouco e devolver as cousas que había dentro e facer un museo
GústameLiked by 1 person
Maio 14, 2020 at 9:57 am
Ola Helena, son Hugo e, despois de ver o video paréceme que, como este ano as letras galegas son adicadas a este home, poderían facer algo para que a xente recorde a Ricardo.
A min pareceme ben que poñer un museo na casa e reformala minimamente debido a que é moi importante.
Unha aperta.
GústameLiked by 1 person
Maio 14, 2020 at 11:10 am
Ola Helena! Son Quique Sánchez ( 6º A, Álvaro Cunqueiro)
Eu pediría ao Concello que reforme a casa, pero sobre todo que lle expliquen aos veciños e a todos os galegos quen foi Ricardo Carvalho, e a importancia que ten conservar a nosa cultura e tamén recordar a todas as persoas que traballaron moito polo galego.
Propoño que fagan un concurso de ideas entre todos os galegos, para que cada un explique como lle gustaría que reformasen a casa, uns proporían que fora un xardín, outros unha biblioteca, un museo,un centro cultural …e con todas as propostas logo elixir a que tivese máis votos…
Ata pronto.
Quique
GústameLiked by 1 person
Maio 14, 2020 at 7:27 pm
Ola, son Jacobo.
Despois de ver o vídeo a min paréceme que o Concello de Ferrol ten que conmemorar a Ricardo reformando a súa casa para convertirla nún museo; así todos os galegos teríamos un sitio de referencia onde recordalo.
Un saúdo, Jacobo
GústameLiked by 1 person
Maio 15, 2020 at 7:44 am
Ola, bos días.
Eu creo que a casa dun personaxe tan importante podería convertirse nun museo onde se explique e se mostre a súa vida. Así se lle podería conmemorar.
Un saúdo,
GústameLiked by 1 person
Maio 15, 2020 at 10:57 am
Bos días, Helena!
Eu penso que poderíanse reformar os dou edificios que mercou o concello de Ferrol. A casa de Ricardo poderían transformala nun museo sobre el, e a casa que está ao lado, podería ser unha biblioteca especial dos exemplares máis coñecidos dos escritores homenaxeados neste Día das Letras Galegas, organizándoos por autor e este por data.
Unha aperta,
Breixo
GústameLiked by 1 person
Maio 15, 2020 at 4:23 pm
Ola Helena. Son Laura del Pino. Eu penso que deberían rehabilitar a casa natal de Roberto Carvalho e convertela nunha casa museo como a de Rosalía de Castro, por exemplo, xa que é unha figura importante da nosa cultura. Debería ser o concello de Ferrol o que se encargue da reforma e da promoción do autor.
GústameLiked by 1 person
Maio 15, 2020 at 6:03 pm
Ola, Helena:
Eu pensei que poderíamos facer concursos ou feiras de todo tipo na cidade. Despóis, que entre todos os cidadáns escollan entre distintas ideas para a qué adicar a casa. E cando estivese decidido, que entre algúns cidadáns e albañís reformen a casa. Claramente, unha parte da casa debería ter algún espazo adicado a Ricardo Carvalho Calero. Se a casa transformárase nun museo, parte do diñeiro que se gañaría, podería doarse a unha ONG ou a pequenos comercios u librerías, da cidade. E se non chega a ser un museo, para seguir coa idea de doar diñeiro, poderíase facer un posto adicado ao galego en todas as festas ou feiras do ano, e ese diñeiro doalo a alguén que o necesiste.
Unha aperta,
Lola.
GústameLiked by 1 person
Maio 15, 2020 at 7:15 pm
Ola Helena,
Quedamos impresionadas a miña nai e máis eu, sobre todo ela porque coñece o Ferrol vello e non mirara a casa así de mal, xa que estivo fai uns cantos anos. Penso que esta é a parte máis bonita de Ferrol por o que me contou ela e a xente debería de xuntarse para conservar a casa, poderían pedir cartos a asociacións galegas e tamén as asociacións que se dedican a conservar os edificios antigos e importantes, e como non a Europa xa que Carballo Calero foi moi importante. Fixen un debuxo pero non podo poñelo eiquí.
Un saúdo.
Xiana
GústameLiked by 1 person
Maio 16, 2020 at 8:03 pm
Boas noites a todos ,
A poucas horas do día da homenaxe a Carballo Calero… fágovos a miña proposta, xa que é ben certo que a casa deste grande escritor non debería estar neste estado ruinoso.
Para comezar, non podo entender para que a mercou o concello se a ía a deixar así.
Comparto convosco que o seu fogar debería converterse nunha casa-museo na súa honra. Nela exporíanse as versións orixinais das súas obras (ben seguro que existen exemplares formidábeis) . Ademais empregaría as distintas habitacións dela para facer un percorrido pola súa vida, que estaría ilustrado por fotos e audios dalgunhas das súas intervencións mais destacadas.
Moitas seguro que poden recuperarse tirando de hemeróteca e a súa familia coperaría prestando material de D. Ricardo Carballo Calero que conserva. Poríanse moi ledos coa iniciativa, sería un orgullo.
Para axudar nesta reconstrucción habería moitos voluntarios que traballarían de balde. Tamén os veciños de Ferrol colaborarían. Ademais o concello podería obter subvencións para custear parte da obra.
Seguro que sería unha tarefa máis sinxela do que parece se cooperamos todos. Querer é poder.
AROA.
GústameLiked by 1 person
Maio 17, 2020 at 10:02 am
Ola Helena, son Mauro ( 6º Álvaro Cunqueiro).
Eu coido que deberían restaurala para que formase parte do noso patrimonio cultural e dalgunha maneira intentar conservar o espíritu da súa obra, e as cousas que atopan no seu tempo deixalas onde teñen que estar creando unha casa museo xa que foi unha persoa moi importante para Galiza e a súa Literatura Galega.
Feliz Día das Letras Galegas a tod@s!!!
Unha aperta.
GústameLiked by 1 person
Maio 22, 2020 at 9:34 am
Moitas grazas a todas e todos polas vosas interesantes propostas. Enviarei todas elas ao alcalde de Ferrol para que teña coñecemento da nosa iniciativa.
Un saúdo!
GústameGústame