Buscar

Galeguizando

Blogue de Lingua Galega

Mes

Febreiro 2019

Día de Rosalía 2019

 

Esta semana dedicamos as sesións de galego a traballar a figura de Rosalía de Castro, facendo achegas biográficas básicas, e tamén comentando aspectos da súa vida que non son tan coñecidos e son fundamentais para entender a súa vida e a súa obra. Tamén recitamos e falamos das diferentes temáticas presentes nas súas publicacións.

 

IMG_6275.JPG

Os grupos Padre F. e Cruz G. amosaron moito entusiasmo por coñecer un pouco máis á muller que da nome á nosa escola, e non deixaron de preguntar máis e máis datos sobre a súa vida.  Tamén fixemos o noso propio retrato rosaliano.

IMG_6282.JPG

 

As clases Padre Sarmiento e Irmandiños, ademais de traballar os libros Rosalía e o exemplar rosaliano de Mulleres Bravas da Nosa Historia recitamos poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

IMG_6191

Os grupos E. Curie e María Montessori traballaron a versión máis loitadora e feminista de Rosalía de Castro, con exemplos concretos da súa obra.

IMG_6388 (1)

Esses mesmos grupos tamén fixeron un concurso de xeroglíficos. Nos próximos días, o alumnado dos outros cursos de primaria tentará descifrar o seu contido. Haberá sorpresas para quen adiviñe máis!

O pase de diapositivas require JavaScript.

E por último convocamos  un concurso de retratos rosalianos entre as clases P. Sarmiento, Irmandiños, Alexadre Bóveda e Bertrand Russell.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

 

Departamento de Lingua e Literatura Galega

24 de febreiro de 2019

11 de febreiro – Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia. (P. Sarmiento e Irmandiños)

 

image00030

(Ángeles Alvariño, recoñecida oceanógrafa de Ferrol)

Aproveitando que hoxe é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, comezamos a semana falando da importancia de visibilizar o labor das mulleres ao longo da historia.

Nesta ocasión tocou falar de científicas, mais desde hoxe até o 8 de marzo (día Internacional da Muller Traballadora), faremos un interesante percorrido histórico para coñecermos mulleres galegas que foron e son un referente a nivel internacional en diferentes ámbitos: cultural, deportivo, artístico…

Mulleres pioneiras, mulleres que inspiran… Para todas elas vai a nosa pequena homenaxe desde as aulas de lingua galega.

Aquí tedes unha mostra do traballo que hoxe comezamos, pero do que aínda temos moito que falar e aprender.

As nenas e os nenos de Padre Sarmiento e Irmandiños.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑