As c

lases de galego de 3º da semana pasada foron dedicadas integramente a traballar a igualdade e a coeducación, a través de relatos, contos e curtametraxes. (Artur e Clementina, Os paxariños, Principiñas e princesiños, Rato en venda…)

Tras varios interesantes debates e  postas en común sobre estereotipos de xénero, respecto á diferenza, empatía, bo trato e formas de promover a igualdade entre nenas e nenos traballamos en equipo para plasmar en debuxos e carteis o que nos pareceu máis relevante.

Seguiremos tratando estes temas o resto do curso, como parte do proxecto anual sobre educación emocional que iniciamos no mes de outubro falando do medo.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.