Hai uns días fun a unha festa de antigos alumnos. Cando iamos á escola todos nos levabamos moi ben aínda que houbese algunha que outra discusión. Na clase todas poñiamos da nosa parte para facer que a clase fora mellor, tamén tiñamos unha boa relación cos mestres, todo iso facía que as clases fosen máis divertidas.
Cada un tiña unha forma de ser, con distintos gustos, pero iso era o que distinguía esa clase doutras. Como dicía un neno, eramos unha “family”. Eu recordo coma se fose onte o que vivín cos meus compañeiros: risas, tristezas, alegrías, enfados e tamén os famosos alcumes.
Na clase de música, sociais e naturais coas bromas e as broncas, na de educación física, mates, lengua e inglés coas intervencóns que queiras ou non, facíanche rir. Nas horas de biblioteca, valores, Galego e Science aprendiamos algo interesante dunha maneira particular e pasándoo ben. E nas clases de plástica facendo loucuras.
Todo era fantástico ata que rematamos primaria, uns quedaron no colexio, outros marcharon ao instituto e mesmo algúns da cidade.
Co paso do tempo seguiamos en contacto pero non era o mesmo, sempre que quedabamos faltaba alguén. Hoxe día 24 de novembro de 2020 estamos todos os amigos xuntos nun restaurante como nos vellos tempos e decidimos que polo menos nos tiñamos que ver unha vez ao mes e non esquecer aquela etapa da nosa vida e seguir como se non pasaran os anos.
Sofía Fernández Cabaleiro
6º Ramón María Aller
Curso 2015/2016
Comentarios recentes