Desde hai un ano a Escola Rosalía de Castro e o Colexio Mariano organizan unha carreira solidaria para “Acción contra a fame”.
Todos os nenos e nenas de 3º de primaria até 3º da ESO esforzáronse moito dando o máximo posible. Os de 3º e 4º deron voltas de 500 metros e a partir de 5º deron voltas dun quilómetro. Rapaces e rapazas foron buscando patrocinadores, isto quere dicir que se un neno dá dúas voltas e por cada volta o patrocinador lle dá 2 euros irá recadando cartos para auga potable, comida ou medicamentos para os países máis pobres do mundo.
Vários nenos e nenas admitiron que tiveron que facer un gran esforzo, pero que pagou a pena.
En resumo, fixérono moi ben e é moi importante ensinarlles este tipo e cousas aos rapaces e rapazas para que aprendan que con algo de esforzo podemos axudar a moitas persoas.
Comentarios recentes