IMG_8676

O 14 de abril estivo na Escola un policía local que nos explicou o que era a seguridade viaria, indicando que para termos unha cidade segura, todos tiñamos que colaborar.

Explicounos o significado dos sinais, para que cada vez que atravesemos un paso de peóns teñamos moito coidado e miremos a ambos lados.

Aprendemos moito nesta charla e dende agora teremos máis coidado e colaboraremos para que a nosa cidade sexa mellor.

Lucía Solleiro Leirós e Inés Domínguez Abruñedo

 

Saída ao parque de seguridade viaria do Castro:

Un policía local estivo na nosa clase para explicarnos en que consistiría unha actividade que iamos facer ao día seguinte, mais por desgraza non se puido realizar por mor do tempo. Vou explicarvos en que consistía:

Montaríamos en bicicleta como se foramos coches, empregando a pista do parque de educación viaria do Castro. Habería ciclistas; peóns, que camiñarían cumprindo as normas e por último policías, para controlar o tránsito e avaliar como o fixeron os ciclistas e os peóns.

A distribución sería en equipos, tres de bicicletas (azul, laranxa e amarelo) un de peóns, e por outra parte estarían os policías. Os integrantes de cada equipo deben permacener xuntos nunha mesma ringleira. Estableceríamos dous turnos para que todos os nenos e as nenas teñan oportunidade de montar en bicicleta.

O policía, ademáis de mostrarnos como funcionan os sinais dixo que a vida sen semáforos e sinais é posible se todos imos ben organizados.

Cristina Martínez García