
(imaxe das traballadoras da fábrica Cotton, Nova York)
Eran as 6 da mañá e a miña nai espertou para ir traballar. Soaba o muíño triturando o gran de café. O meu pai espertaría dúas horas despois para levarme á escola e despois ir traballar. A miña nai traballaba nunha fábrica de algodón, o meu pai era contable para unha empresa. A miña nai levaba días queixándose da explotación que sofría en comparación cos homes. Traballaba na fábrica Cotton, Nova Yorkm máis de 12 horas polo salario do meu pai dividido 20 veces. O meu pai era un bo home, un anaco de pan, e sempre a apoiaba.
Ás veces algunhas das súas compañeiras facían a manifestación ultimamente, pero ela tiña que limpar a casa coa axuda do meu pai, e non lle daba tempo.
Esa mañá despois de ir á escola fixen os deberes, almorcei e todo ía como sempre, pero xa eran as 19:05 e a miña nai non aparecía. Ela sempre chegaba ás 18.30. Pasaban as horas e ninguén sabía nada… ata que saíron os xornais de última hora e o primeiro titular era:
Incendio na fábrica Cotton
O director da empresa prendeu lume e encerrou ás 146 traballadoras polas últimas manifestaións. Non hai superviventes.
Souben cando o vin. Comecei a chorar xunto ao meu pai, que estaba desfeito, as súas faccións caían por momentos.
Nos días seguintes apenas podía rspirar, pero souben que a súa vida non foi en balde, porque agora grazas a ela todo é moi diferente
Comentarios recentes