Buscar

Galeguizando

Blogue de Lingua Galega

Mes

Febreiro 2016

6º R.M. Aller recitando Rosalía de Castro

IMG_7107

Sendo a Escola que somos calquera día é bo para adicar a sesión a recitar poemas de Rosalía. Parabéns polo bo traballo!

E aínda houbo alguén que preguntou iso que toda mestra de Lingua e Literatura Galega quere escoitar… “E nós cando poderemos escribir os nosos propios poemas na clase?”   🙂

 

 

Lectura colectiva de poemas de Rosalía de Castro

Lectura colectiva de poemas da nosa Rosalía por parte das nenas e nenos de 6º Álvaro Cunqueiro.

24 de febreiro: día de Rosalía de Castro

A nosa pequena homenaxe a Rosalía de Castro no seu día. Quen recibirá as postais??

 

Revista Trisquel convoca I Concurso de Relato Breve en Lingua Galega

Revista Trisquel convoca I Concurso de Relato Breve en Lingua Galega

FullSizeRender

BASES

  • Poderán participar nenas e nenos da Escola, nas categorías de Primaria, ESO e Bacharelato, presentando un relato por persoa, inédito e orixinal.

 

  • A extensión máxima é de 20 liñas.

 

 

  •  A data límite de presentación de relatos será o venres 1 de abril de 2016.

 

  •  Os relatos poden enviarse por correo electrónico ao seguinte enderezo: trisquel@escolarosaliadecastro.edu.es, indicando nome, apelidos e nome da aula. Tamén se poden entregar a calquera das profesoras e profesores de Lingua Galega.

 

 

Os tres mellores relatos de cada categoría serán publicados na revista escolar Trisquel 2015/2016.

Anímate a participar!

Relato: Un día sen a lingua galega – Candela Domaica García (6º A. Cunqueiro)

-Ring, ring! – soou o espertador. Era unha mañá moi chuviosa, os paxariños non cantaban, a xente estaba metida nas súas casas e o peor de todo, era domingo.

Eran as once da mañá e decidín baixar á cociña a almorzar leite con cereais.

Alí estaba o meu pai falando co meu irmán sobre o futbol, pero algo non ía ben…estaban a falar en castelán!!

Rapidamente dixen:

-Bos días pai, bos días Anxo.

Ambos quedaron abraiados e o meu pai dixo:

Pero Antía que haces hablando esa lengua tan rara,te la acabas de inventar o que?

-En serio pai?

-Vale Antía, yo no te entiendo pero bueno si tú lo ves normal sigue así.

Fun ó meu cuarto a poñerme algo de roupa para ir dar unha volta. Na rúa vin á miña mellor amiga, María, e fun xunto ela a saudala. Pero unha vez máis as respostas eran en castelán, non o podía crer.

Voltei cara a miña casa a ver un anaco a televisión, pero unha vez máis estaban a falar en castelán. Fun ao meu cuarto a escoitar música en inglés ata que ás doce da noite púxenme a durmir.

Ao día seguinte mentres enchía de libros a miña mochila o meu pai entrou no meu cuarto e díxome:

-Rápido Antía, que vos teño que deixar na escola.

Nese momento pensei que todo o de que ninguén sabía o que era o galego fora un terrible pesadelo.

Por iso nunca deixedes de falar en galego porque é a nosa lingua e eu polo menos non a quero perder.

O papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía – Diego Melús Caneda (6º A. Cunqueiro)

27b937142ba7fa07ce380b50ac535e53

O papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía non é moi importante porque durante anos o que se cría era que as mulleres só servían para cociñar e limpar a casa. Ademais os homes non lles axudaban aínda que estiveran sen facer nada na casa, porque pensaban que esas eran tarefas só para mulleres.

Por iso, as mulleres non podían nin estudar, nin investigar nin escribir libros. Algunhas mesmo tiveron que disfrazarse de home para poder estudar.

Tamén houbo algunhas mulleres importantes como Rosalía de Castro, que puido facer o que quería porque o seu home a entendía. O mesmo aconteceu con Marie Curie.

Nos últimos anos isto cambiou, pero non podemos esquecer que os homes e as mulleres somos iguais e debemos ter as mesmas oportunidades.

 

Reflexión de Paula González Sanlés sobre o 11 de febreiro (6º R.M. Aller)

Todas e todos sabemos como inflúe o machismo na nosa vida, nos traballos e sobre todo nos dereitos. O día 11 de febreiro é o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia e neste día non pode estar presente o machismo.

Temos un exemplo en Marie Curie, unha muller moi traballadora que conseguiu cousas, pero o mérito delas déronllo principalmente ao seu home.

O traballo na ciencia é moi machista. As mulleres non tiñan os mesmos dereitos ca os homes, polo que nas universidades non había tantas mulleres.

Eu creo que este é un día fermoso, porque hai moitas mulleres que merecen recoñecemento polo bo traballo que fan.

Por outra parte están as nenas, traballadoras e loitadoras, pero se lles cortan as ás non chegarán tan alto como poderían chegar.

As nenas son tan traballadoras ou máis ca os nenos, pero non se sempre se lles recoñece.

Desde que son novas aprenden cousas que non teñen que ser así, como coidar dos nenos, lavar a louza e ensinarlles que se és muller és “a criada”. Este día é moi importante para que todo o mundo entenda que as cousas teñen que cambiar para ben.

Espero que vos deades de conta de que as mulleres non servimos para limpar a casa, servimos para traballar e tentar que mellore o país.

 

 

Sobre o día internacional das mulleres e as nenas na ciencia – Míriam Lago (6º R.M. Aller)

aliciaestevez

Alicia Estévez (investigadora galega)

Eu creo que as mulleres teñen os mesmos dereitos que os homes e non pode ser que se lles pague menos simplemente por ser mulleres.

A min por ser nena non deberían tratarme de diferente maneira, estou segura de que se fora ao revés ao nenos non lles gustaría.

Penso que celebrar este día é moi bo para que as persoas se decaten de que as mulleres tamén fan descubrimentos importantes, igual que os homes.

Se conmemoramos este día todo os anos haberá menos machismo e se Helena publica no blog estas reflexións a xente vaino ver e vai pensar e aprender sobre as mulleres na ciencia. Ao mellor pasa algo incrible e todas as persoas acabaremos sendo iguais!

Eu espero que a xente reaccione sobre isto.

 

Un achegamento aos seres mitolóxicos galegos

IMG_6632

Todo comezou no pasado mes de xaneiro, coa lectura de breves textos dos libros Seres galegos das augas de Xoán Xosé Teijeiro e Historia da Galiza máxica de Vitor Vaqueiro. Isto non tardou moito en espertar a curiosidade de boa parte do alumnado, polo que decidimos organizar grupos de investigación para coñecer un pouco mellor a nosa rica e variada mitoloxía: trasno, ninfa, alicornio, serea, biosbardos, coca de Redondela… Consultamos libros, preguntamos nas nosas casas e buscamos información na rede. Todos os traballos van acompañados dun orixinal pareado de creación propia.

Esperamos que vos gusten!

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Subir ↑