Buscar

Galeguizando

Blogue de Lingua Galega

Mes

Decembro 2015

O diario misterioso – Emma Pontevedra García

Eu, unha nena pobre, estaba sentada nun sillón abandonado no medio dunha rúa estreitiña, o día antes de Nadal.

Estaba coa miña familia: os meus país, o meu irmán e a miña irmá. Seguro que vos preguntades por que eramos pobres, pero a verdade é que eu tampouco o sei.

 

A miña curmá e os meus tíos viñan de Andalucía para pasar o Nadal xuntos. A min encántame pasar o Nadal con eles, pero o único problema, mais ben problemón, é que eles non sabían que somos pobres. Todo isto de ser pobre ía cambiar, dende o día de hoxe, aquí é onde comeza a aventura.

 

Como vos estaba dicindo, estaba sentada no sillón cando… algo me golpeou a cabeza. Era un diario, un diario de solapas vermellas; abrino, na primeira páxina estaba escrito o seguinte:

 

Diario de Augusto Fernández

*A miña última semana de vida

 

Era curioso, moi curioso, ese era o meu apelido e o nome… o nome… era do meu bisavó!

 

Comecei a pasar as páxinas pero non había nada, seguía pasándoas pero seguía sen aparecer nada. Cando rematei collín un bolígrafo que había na rúa e escribín:

 

  • Bos días, eu chámome Lúa Fernández.

E de súpeto apareceu escrito o seguinte:

-Anda, a miña neta! Estou moi contento de que foras ti quen recollera o diario; se non fose así teríame dado un infarto.

Eu asusteime, pero de seguida respondín:

-Alégrome. Pero eu quería preguntarche: por que somos pobres?

-Pobres?! Estarasme gastando unha broma; porque eu era millonario! E deixeille unha gran fortuna aos teus avós, e eles cando morreron deixáronlla aos teus país, é imposible.

– Pois si, estamos vivindo na rúa.

-É imposible, voucho ensinar.

-Pero como?

– Ti só mira cara a parede.

De súpeto, do libro saiu un micro-proxector que ensiou fotos dun discurso do meu bisavó dicindo que lle ía deixar a fortuna aos meus avós. E despois unhas dos meus avós que lla ían deixar aos meus país. Cando remataron dixen, mellor dito, escribín:

-É verdade?

-Pois claro que o é, eu non minto.

-Entón, por que non temos esa fortuna?

-Non o sei, tal vez os teus país no nestaban no discurso.

-É verdade, que eles tiñan que coidar de nós.

-Entón corre a dicirllo, corre.

Eu fíxenlle caso e avisei aos meus país e despois fomos ao banco. O meu pai díxolle ao barqueiro:

-Perdoa pero a miña familia ten unha fortuna outorgada polos meus país.

-É certo. Se queren poden collela e facer o que queiran co diñeiro.

Ao momento, despois de coller os cartos compramos unha casa e roupa nova. E alí acabou a aventura, ou iso espero.

Pocholo o gato – Beatriz Vasallo San Miguel

Introdución

Ola, chámome… Síntoo, pero aínda non vos podo dicir o meu nome, porque vos vou contar a miña infancia en orde e xa sabedes que o nome dos gatos é algo que deciden os seus donos.

 

1- O meu nacemento

O primeiro que puiden ver ao nacer foi unha luz brillante que deslumbraba os meus ollos. Tras iso debín quedar durmido, pois non lembro nada antes disto: vinme aplastado polos meus irmáns que eran moito máis grandes ca min, porque como fun o último en nacer era o máis débil.

 

2- Unha caixa un tanto especial

Tras nacer, como eramos cinco gatos os donos dos meus pais decidiron agasallarnos a outras persoas. Por iso tras ter un mes de lactancia metéronnos dentro dunha caixa para que as persoas nos veran e nos quixesen adoptar. O primeiro día adoptaron ao meu irmán máis vello pois era o máis fermoso. Despois adoptaron aos meus dous irmáns, que eran máis vellos ca min e despois ao meu irmán que naceu trinta segundos antes ca eu. Eu fun o último ao que adoptaron ,moitos gatos estarían moi tristes de ser os últimos ,mais eu non. De feito sentíame moi ledo pois así podería desfrutar un pouco máis do fantástico leite da miña nai.

 

3- Por fin fun adoptado

O día que me adoptaron foi un día un pouco raro. Ao espertar puiden ver a mesma luz que me cegou ao nacer, pero esta vez puiden observar como pouco a pouco unha enorme nube que semellaba un xigante ía tragándose esa magnífica luz. Uns minutos máis tarde viu correndo o fillo dos donos da miña nai para levarme ao interior da caixa pero de súpeto dirixiu a súa mirada cara a fiestra na que eu hai pouco vera ese bruscos acontecementos. O neno gardou a caixa e marchou cara o seu cuarto a toda présa. Tras iso bebín un pouco de auga e durmín unas catro horas. De súpeto escoitei o incómodo ruido do timbre que me despertou. Correndo dirixinme cara a porta e miañei durante un minuto para chamar a prezada atención dos meus donos (por agora).Tras iso chegou o neno correndo e abriu a porta.Un home alto e cun rostro moi agradable saudou cunha caixa na man dereita. De seguido o home falou co neno e colleume.Eu lambinlle toda a cara e el dedicoume o seu mellor sorriso.Ohome entregou a Caixa e levoume ata o seu coche. Xa tiña unha nova familia!

 

4- O meu novo fogar

O home aparcou, colleume e levoume cara o interior dunha casa.No seu interior atopei unha muller moi educada e un neno que semellaba ter oito anos. O home levoume a unha pequena pero preciosa habitación cunha cama,unha caixa con area, xoguetes e un pequeno mobre para afilar as miñas uñas. Soltoume e a muller ,o neno e el xogaron conmigo durante un bo tempo. Esta familia era a mellor que me podía ter tocado!

 

5- O veterinario

A miña familia quería poñerme un nome pero aínda non sabían se eu era un macho ou unha femia polo que non me poderían poñer un nome. Por iso decidiron levarme ao veterinario. Todos os animais que eu coñezo detestan o veterinario porque te operan e te vacinan. Eu non tiña medo . Ademais a miña familia coidábame moitisimo máis, o que facía isto máis fácil. Ao chegar ao veterinario puden ver un espazo moi grande e con cores que me tranquilizaron. Tras iso fun ao interior dun cuarto no que estiven unha media hora. Por último chamaron á miña familia e o veterinario dixo:

– É un macho!

 

6- O momento tan esperado

Ao chegar á casa os meus familiares comezaron a falar sobre o meu nome:

-Eu quero que se chame Xoán porque é un nome fermoso, dicía a miña nai.

Pois eu quero que se chame Toby, dicía o meu pai.

Eu quero que se chame Pocholo que é un nome moi orixinal, dicía o meu irmán, e todos aceptaron.

 

7- Cando me castraron

Ao chegar ao veterinario para que me castrasen eu estaba moi nervioso. Metéronme no interior dun curto e déronme anestesia Ao salir da habitación estaba moi tranquilo.

 

8-Fin dunha historia e comezo doutra

Xa sabedes que os animais medran moito máis rápido que as persoas e como eu só os ía contar a miña infancia non vos podo contar máis nada.

FIN

 

 

Noite de Nadal – Candela Domaica, Lucía Ortiz e Isaac Rodríguez

Na noite de Nadal

unha festa se dará.

As luces iluminarán

a mesa de xantar.

No convite de Nadal

cantaremos un recital.

Os nenos xogarán

até as doce da mañá.

Recibirán agasallos por Nadal

e pola noite soñarán historias de Nadal

Aleluia de Nadal – Cristina Martínez García

Un boneco de neve farás

mentres un bocadillo comerás

e con estrelas a clase decorarás

mentres a árbore decorarás

Comeremos moitos turrón

e xogaremos co balón

 

 

Aleluia de Nadal – Iago Fernández Cachafeiro e Hugo Cruz Garrido

Se comes mazapán

moitos agasallos che darán

Na noite de Nadal,

o Apalpador chegará.

Na noite de Nadal,

comeremos até engordar.

E se és moi frioleiro

pon un sombreiro.

 

Iago Fernández Cachafeiro e Hugo Cruz Garrido

 

Imaxinación + entusiasmo + creatividade + cooperación = A NOVELA DE 6º!

maquina escribir

Dos centos de relatos que lin desde que comezou o curso fico con fermosas historias e unha notable mellora na ortografía do alumnado de 6º. Así e todo, non me conformo!

Comezaremos 2016 escribindo unha novela colectiva en galego. Si, unha novela! A imaxinación das nosas nenas e dos nosos nenos non ten limite, e do talento non é preciso falar, verdade?

Cada día un neno ou unha nena levará o caderno a casa e completará a súa parte da novela. Faremos un seguimento periódico na clase, para decidirmos se é preciso reconducir a historia ou reflexionar sobre o contido. Queremos facer un traballo rigoroso e de calidade, onde a autocrítica terá que estar moi presente.

Hai dúas persoas moi afortunadas, porque terán a gratificante e complexa tarefa de redactar o comezo da historia, seguro que nas vacacións atopan a inspiración que precisan. De feito unha delas xa escribiu a súa parte!!

Moito ánimo rapaces e rapazas e parabéns polo esforzo que facedes por escribir cada día mellor na nosa lingua.

 

A profe

Diario de verán. 1946 – Paula Romero Jorge (6º Álvaro Cunqueiro)

Sentei na cadeira de pana verde auga que xa estaba un pouco descolorida. A voz da miña nai retumbou na sala.

– Baixa as maletas, Bi. – dixo agarimosamente.

Non son unha rapaza normal, supoño que o cancro percorre o meu corpo cada día da miña existencia. Cada vez estou peor. Vou morrer algún día destes, só son unha carga para aqueles que me queren. A miña nai insistiu en levarme a casa da avoa, porque segundo ella unha temporada no campo viríame ben.

Despois de dúas interminables horas en carro, chegamos.

A doce voz da miña avoa inundou o espazo – Bianca, que gañas de verte. Na súa ollada notei mágoa e tristeza por min.

Subín as escaleiras e o cheiro a madeira, animal… xuntábase no ar. Enriba da mesiña había un vello caderniño. Abrín o caderno. Poñía “verán 1946”, era o diario da miña avoa. De súpeto alguén subiu as escaleiras, corrín e agachei o diario no armario. Entrou a avoa – Bianca, podes dar un paseo pero ás nove quérote na casa. Abrín o armario e collín o diario. Baixei as escaleiras e saín da casa.

Andei até chegar ao campo onde me adentrei e cheguei a un claro coa intención de sentar nunha rocha e ler. Rodeábanme plantas de trigo e cantos de paxaro. Lin e lin, cando por fin coñecín a felicidade entre letras e paz.

O diario contaba incríbeis historias de amor inalcanzábeis para alguén coma min. Quen ía querer a alguén que vai morrer con 15 anos? Cheguei a casa e ceei. Ao día seguinte fixen o mesmo, a ledicia invadíame, xa non era ningunha carga para ninguén.

Pasada unha semana rematei o diario e púxenme mal, así que escribín unha carta dicindo o que me pasara estes días e que se morría quería que me soterrasen alí onde pasei os meus mellores días… E no meu derradeiro respeito entendín que a vida remata como as historias que eu tanto amaba.

Relato: Unha viaxe inesperada – David González Díaz (6º A. Cunqueiro)

Ola, chámome Xoán. Todos os días levántome para ir ao colexio e ao chegar a casa como e despois fago os deberes. Nunca me pasou nada interesante na miña vida. O meu hobby favorito é ver fotos de bosques, cidades… A min o que me gusta é ver un mundo novo onde nunca estiven… Eu nunca fun de viaxe porque na miña familia aproveitamos o diñeiro para o necesario, é dicir, que estamos xustos de cartos porque aos meus pais só lles dan o suficiente diñeiro para vivir.

Un día, fun coa miña nai ao supermercado a comprar a comida. Moita xente estaba a observar unha cousa e nós camiñamos cara alí. Había rifas! Se tes un número que coincida levas unha leituga de boa calidade, se tes dous levas unha colección de libros manga xaponeses, se son tres un televisor e catro unha viaxe ao sitio que ti queiras cun hotel de luxo durante unha semana enteira.

-Podo mercar unha rifa? – Preguntei á miña nai.

-De acordo, pero só unha.

Eu collín o número mil setecentos dous. Collín este porque dazasete é o día en que nacín e o dous é o mes.

Mentres esperabamos, demos unha volta polo supermercado. Cando xa acabamos escoitamos:

-“En cinco minutos entregaremos os premios das rifas”.

Díxenlle á miña nai:

-Corre mamá, a ver se nos toca o primeiro premio.

-De acordo, reláxate que non quero que che dea un ataque de corazón.

Dixo o pregoeiro:

-O gañador é… O número mil setecentos dous

-Noraboa!!!!!!!!!!!

Xoán: Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!!

Nai: Ai, que alegría, imos recoller o premio!

Pregoeiro: A que lugar do mundo queres ir, neno?

Xoán: Quero ir a Florencia e a Roma se pode ser. Dixen emocionado.

Pregoeiro: Vale señora, teredes os tres billetes para ir a Florencia e a Roma dentro de tres días.

Nai: Moitas grazas

Ao cabo de tres días, chamáronnos e tiñamos que ir ao aeroporto o sábado (hoxe era venres)

Aínda que tivera moito medo cando estaba no avión, foron os mellores días que vivín na vida!

Escritura creativa en galego: A sorte chegará – Sofía Fernández Cabaleiro (6º R.M. Aller)

Despois de mudarse á vila, Balbino e a súa familia seguían sendo pobres.

Balbino vía nenos e nenas con tablets, roupa de marca, xoguetes… Balbino quería ter todo o que tiñan, pero el apreciaba moito o traballo dos seus pais. Os pai deses nenos non traballaban nin a cuarta parte do que traballaba a súa nai e o seu pai. Chegou o nadal e Balbino, co seu agasallo dun billete de 10 euros comprou comida.

Os seus avós e os seus pais compraron lotería, pero perderon os décimos. A un amigo deles que tiña bo nivel económico tocoulle a lotería, pero dixo:

– Para que quero máis diñeiro?

O amigo deulle o diñeiro aos pais de Balbino, e regaloulle xoguetes. Desde ese momento os pais de Balbino conseguiron traballo e unha casa. Balbino non volveu a pasar fame, nin frío e foi un neno moi afortunado.

Blog en WordPress.com.

Subir ↑