Buscar

Galeguizando

Blogue de Lingua Galega

Mes

Novembro 2015

Entrevista aos bibliotecarios e bibliotecarias de Galego – 6º Álvaro Cunqueiro

Entrevista aos bibliotecarios e bibliotecarias de 6º Álvaro Cunqueiro: Jin, Bea, Anxo, Carlos.

(preguntas feitas polas nenas e nenos de  6º R. M.ª Aller)

1. Como funciona a biblioteca de galego?

A biblioteca de galego funciona de xeito ordenado:

1) Ao comezo gardamos todos os libros que se devolven.

2) Despois, un dos bibliotecarios/as chama ás persoas que non devolveron o libro para pedir prórroga, e revísase o caderno da biblioteca para ver que todos teñen un “D” (devolver) ou un “P” (prórroga).

3) A continuación imos chamando en grupos de catro persoas para que escollan un libro novo.

4) Por último as bibliotecarias/os cambian o libro.

2. Se tiveses un libro en castelán e outro en galego, cal elixirías?

Escollería os dous, porque penso que é bo aprender as dúas linguas, e a lectura é un bo sistema para aprendelas.

3. Pensas en galego? Cres que poderías chegar a facelo a base de ler moito en galego?

Eu non penso en galego. Unha das maneiras de facelo é telo escoitado na túa casa algunha vez.

4. Se tiveses a oportunidade de mercar un libro en galego para a biblioteca (sen importar o prezo), cal mercarías?

Aínda é cedo, porque de momento lemos poucos libros; mais creo que se puidese mercaria o libro chamado: Voces na lagoa do espantalo, xa que é un libro para nenos ou nenas pouco lectoras e moi entretido.

5. Pensas que a biblioteca de galego é un bo método para que os nenos e as nenas se interesen pola lingua galega?

Eu creo que a biblioteca serve para ler e aprender máis vocabulario en galego. Iso paréceme ben porque nos acostumamos a ler libros en linguas distintas e así máis adiante poderemos ler libros en inglés, alemán, francés… e todas as linguas que estudemos.

6. Cres que a biblioteca de galego está tan valorada tanto como a de castelán?

Si, porque é recomendable ler e falar nas dúas linguas por igual, non se que falar de maneira desigual.

7. Se tiveses que recomendar un libro a unha persoa adulta para unha boa lectura, cal sería?

Eu escollería “No colo do Atlas”, porque son pequenos relatos que falan de amizade e contan historias para todos os gustos, especialmente indicados para xente adulta debido á súa temática.

8. Que tipo de libros temos na biblioteca de galego?

Na biblioteca de galego hai libros de medo, misterio, amor… tamén hai libros longos e curtos, para todos os gustos!

Todos os días son 25 de novembro!

vioelencias

Hoxe é o Día contra a Violencia Machista, e os grupos de Lingua Galega de 6º de primaria queremos manifestar a nosa preocupación e o noso compromiso publicando reflexións e relatos nos que abordamos este importante tema desde diferentes perspectivas.

6º Álvaro Cunqueiro/ Ramón María Aller

 

Relato pola igualdade de xénero – Mario Cao Román (6º R. M. Aller)

Era un día normal na miña nova escola. Non sei o motivo, pero eu notaba algo estraño cada vez que entraba nese sítio, mais dábame igual.

Un día no recreo fixeime que os demais nenos saían ao patio mentres que as nenas ían tras eles. Fixeime tamén que o que facían eles facíano elas, non me parecía xusto. Ata que un bo día no patio, uns nenos estaban dando ordes ás nenas, non quixen intervir por se acaso. Despois do recreo as nenas foron protestar aos profesores, pero estes non fixeron nada e pasaron delas. Enfadeime, collín a todos os da clase na hora de valores e deilles unha charla sobre respecto e igualdade, cada un ten que facer o que queira, ninguén manda en ninguén. Pero como eu era novo na escola non me fixeron caso, os nenos non se daban conta da gravidade do problema. A profesora estaba lendo un libro e pasando de min. Con todo, ás nenas gustáballes a charla. Cando lles dixen que homes andaban asasinando mulleres alporizouse toda a clase nun debate.

Nese momento prestaban atención, e foi cando eu dixen: Temos que ser todos e todas iguais, non podemos ser machistas, ti non és peor ou inferior ca min, ti non és mellor ou peor, somos iguais!”

E, dende aquel día, todas e todos xogaban xuntos e ninguén mandaba en ninguén nin cousas desas. Cada un xogaba con quen quería.

Fixen unha chea de amizades grazas a iso.

 

A miña reflexión sobre a igualdade de xénero – Ana Bargés Valle (6º R.M. Aller)

O machismo son actitudes e ideas que encerran violencia cara o xénero feminino e unha falsa superioridade do xénero masculino.

Nunha sociedade moderna como a nosa o lóxico sería poder dicir que non hai diferenza entre os homes e as mulleres, pero isto non é así. É rara a semana que non temos un novo caso de violencia de xénero, e sen chegar a este extremo ás veces escoitamos comentarios do tipo: “Quen conduce? Tiña que ser unha muller!!”,”Deixa Migueliño, que xa frega os pratos a túa irmá”, “As bonecas só son para nenas.” …

Isto non debería ser así, entre todas e todos temos que loitar contra o machismo. As persoas non se valoran polo seu xénero, senon pola súa bondade, personalidade, preparación…

 

IGUALDADE!

 

Unha lección ancestral – Beatriz Vasallo San Miguel (6º A. Cunqueiro)

Relato dedicado a todas as persoas machistas: ♀ = ♂

20 de setembro: Ola, chámome Xulia e vivo en Franza. Teño 12 anos e estou en sexto de primaria. Nacín o 23 de setembro de 1500. E este é o meu novo diario.

Hoxe na escola comezamos a estudar os romanos. O meu profesor Lucas dixo que como os romanos eran moi intelixentes e eles dicían que os homes eran máis importantes que as mulleres agora pensábase da mesma maneira. Un montón de ideas percorreron a miña cabeza nese momento, e de súpeto levantei a man e dixen isto: “Pois eu pensó que é a idea máis estúpida que escoitei na miña vida”. O meu profesor colleume da man, púxome diante da miña clase e insultoume, berroume e pegoume na cara. Cheguei a casa feita un desastre coa cara chea de feridas e os meus pais non me preguntaron que pasara. Iso fixo que me enfadase moito, pois unha vez o meu irmán chegou a casa coma min e déronlle bicos, apertas e falaron con el.

21 de setembro: Hoxe no colexio tivemos clase de matemáticas e aprendemos unha cousa nova. Aprendemos que sumar persoas é así: ♀ + ♀ = ♂ e ♂ – ♀ = ♂. Foi algo un pouco raro, ademáis tiven todo mal, pero non porque non o entendese, senon porque non quería e dábame igual todo o que pensasen os demais, pois eu creo que ♀ = ♂

22 de setembro: Queda un día para o meu aniversario! Pero no colexio todo segue igual de raro. Hoxe en ximnasia iamos facer dous grupos para xogar ao baloncesto e resulta que os dous capitáns eran nenos. Estou farta diso! Ademais, antes de xogar o partido, praticamos tirando á canastra e cando me tocaba a min un neno colleu o balón e tirou antes ca min cando eu levaba moito tempo na cola. Por que a xente non se dá conta disto? Estou tola? Quen se equivoca?

23 de setembro: Por fin é o meu aniversario! Hoxe como é un día especial escribirei todo o que aconteceu ao longo do día.

Ao chegar á escola puiden ver como toda a xente estaba xunto Xoán, que tamén facía anos hoxe pero ninguén me parabenizou a min. Pasaban de min! No recreo, para celebrar o noso aniversario, xogamos ao fútbol. Nun equipo o capitán era el, e no outro eu! Esa actitude púxome moi leda. Ao comezar o partido deime conta de que os nenos do meu equipo non pasaban o balón ás nenas. Falei con eles como capitana do equipo, pero non me fixeron caso. Na casa a miña nai, aínda que era o meu aniversario, mandoume limpar toda a casa. Era incribe esa actitude da miña nai porque dicía que a pesar de ser un día especial tiñamos que traballar como boas amas de casa, aínda que non nos deran cartos, pois era o máis normal. A pesar de ser o meu aniversario foi o peor día da miña vida. Pero descubrín un novo adxectivo para as persoas da miña época: “machistas”.

Iso ponme leda, pois descubrín algo e así pódese mellorar, pero tamén me fai sentir triste pensar que hai xente tan repugnante neste mundo.

 

Aínda que a protagonista desta historia sexta doutra época está feita para nós, pois dicimos que somos moi intelixentes, pero non para todo.

Machismo no deporte – Juan Alfaro Heras (6º R.M. Aller)

Esta é a historia dunha muller á que lle gustaba moitísimo o fútbol. Gustáballe velo, pero non lle gustaba nada xogar, por iso decidiu ser árbitra.

Acadou o título na “Escola de Árbitros,” e alí indicáronlle en que categoría podería arbitrar. Ás probas de selección presentáronse tres persoas, dúas  mulleres e un home. As dúas mulleres obtiveran o título con mellor calificación que o home. Ao día seguinte o home podía arbitrar en primeira división, pero as mulleres só o poderían facer en terceira rexional ou nas categorías infantís.

As dúas mulleres, indignadas, foron arbitrar equipos de terceira rexional.

Un sábado, nun partido, un home dixo a unha delas:

– Ti non serves para isto, vai limpar e fregar a casa.

Iso desatou ira na muller, que decidiu expulsar o home do campo.

Este non deixaba de repetir: “Muller tiñas que ser”.

É un dos casos máis común de machismo e discriminación no deporte, pero o certo é que mulleres e homes temos os mesmos dereitos e polo tanto somos iguais e podemos facer o mesmo.

Espero que co paso do tempo este terrible “costume” desapareza e a xente entenda a igualdade.

 

 

Reflexión sobre a importancia da muller na historia – Rosana Jin Rodríguez Casal (6º A. Cunqueiro)

Hai moitos tipos de violencia, entre eles está a violencia machista, que é aquela na que un home ameaza, insulta, pega e até mata unha muller polo simple feito de ser muller.

Quen será tan parvo de crer que ten dereito a facer dano a unha muller polo simple feito de ser muller?

Paréceme incrible que alguén poida pensar unha cousa así, xa que as mulleres fixeron cousas moi importantes na historia e teñen ben merecido o respecto dos homes. Que llo pregunten a Marie Curie, sen ela non se sabería nada sobre radioactividade, nin que a radiación serve para curar o cancro; ou a J.R. Rowling, sen ela os homes non saberían nada de Harry Potter; ou a María Moliner, sen ela non teriamos dicionarios para buscar o significado da palabra “IGUALDADE”. Por iso, eu penso: Quen será tan parvo de crer que ten dereito a facer dano a unha muller?

STOP MACHISMO – Sofía Fernández Cabaleiro (6º R. M. Aller)

Por que? Por que hai homes que maltratan e matan mulleres? É por envexa? É porque pensan que son superiores? Porque pensan que teñen o poder? O peor de todo é que están criando os seus fillos desa mesma maneira.

Por que ás mulleres que están na primeira división de fútbol non as coñece ninguén e pola contra os homes reciben millóns de euros ao mes? Por que se dá por feito que as mulleres teñen que facer as tarefas da casa? Limpar, cociñar, criar os nenos… Por que ao longo do ano tantas mulleres son asasinadas por violencia machista? E por que iso de: “As damas primeiro”?

Eu estou farta de escoitar nas noticias: “Muller asasinada polo seu marido”. Que conseguen os homes con iso? Satisfacción? Eu creo que non. É todo causa do machismo: se non fás o que che digo estás contra a espada e a parede. E todo o mundo di: “É que todo iso do machismo non pode pasar, temos que por máis leis” Todo é mentira. Case todos os homes din o mesmo e ao día seguinte hai un novo asasinato… Por que?

STOP MACHISMO!

A miña reflexión sobre a violencia de xénero – Diego Melús Caneda (6º Á. Cunqueiro)

Hai homes que pensan que as mulleres son inferiores a eles, por iso maltrátanas de diferentes xeitos: bérranlles, insúltanas, baten nelas, e mesmo chegan a matalas.

Moitos días vemos na televisión noticias de homes que matan ás súas parellas porque pensan que lles pertencen e cren que elas sempre teñen que obedecer. Pero os homes e as mulleres somos iguais, e ninguén é posuidor doutra persoa.

Cando nos estamos de acordo en algo non podemos recurrir á violencia, e menos abusar dunha persoa pensando que é máis débil.

Diego Melús Caneda

Blog en WordPress.com.

Subir ↑