
Hai moito tempo, nun poboado celta, unha pequena tribo rendía culto aos seus deuses. Cada un deses deuses tiña un día de culto ao longo do ano e así, coa súa homenaxe, os deuses non descargaban a súa cólera sobre a humanidade.
Nembargantes, un día cada ano, miles de persoas na tribo morrían a causa dunha estraña situación descoñecida polos xamáns. Isto acontecía o 31 de outubro e, polo xeral, só afectaba aos fillos predilectos de cada familia, tanto se xa eran adultos coma nenos. Un día, os xedes das cinco tribos celtas reuníronse para falar sobre este fenómeno ou mal presaxio:
– Acabará coa tribo – dicían uns.
– Que Lufh, deus da luz, nos ampare – dicían outros.
O xefe da principal tribo deuse de conta de que era fillo predilecto e que, á semana seguinte era 31 de outubro.
Tiña que facer algo ou el morrería nunha semana e o seu fillo non estaba aínda preparado para o cargo de xefe.
– Teño que intervir – pensou. Logo dixo:
– Membros das cinco tribos, para a semana é 31 de outubro; eu son fillo predilecto e como ben sabedes podo morrer. Se iso acontece, o meu fillo será xefe das cinco tribos, pero preciso axuda para orientalo mentres eu preparo a cura.
O druída inventou unha cousa moi rara chamada “escritura” – dixo moi alto – Ese druída ensinará ao meu fillo todo o que ten que saber para ser un xefe bo e xusto.
O druída, que escoitaba caladiño, deu un paso adiante e, facendo unha reverencia, aceptou o cargo.
O xefe, sen perder un intre, escomezou coa apócema da salvación.
Chegou o 30 de outubro e ao xefe faltáballe tempo. O único que puido facer foi anotar a apócema que tentaba atopar en follas, grazas ao recente invento da escritura, para deixarllo ao fillo cando el morrera ao día seguinte.
Por fin chegou o día temido e, tal e como o xefe previra, cando entraron a buscalo atoparon o seu corpo morto na cama.
O neno foi nomeado xefe e o xamán, que lle ensinou todo o que tiña que saber para ser xefe, entregoulle ao neno o caderno de follas do seu pai.
O novo xefe adicouse a investigar a cura da maldición do 31 de outubro e atopouna despois de cavilar durante dous anos. Era tan sinxelo como facer un rito algo complexo cada 31 de outubro polo deus da morte. Este rito chamouse Samhain (o que hoxe coñecemos por Samain), porque “sama” significa verán e “hin” significa fin, que pode entenderse como o fin do verán e o comezo da era escura, do tempo dos mortos, que queren ser recordados. Grazas á cura ou ao rito da salvación, os fillos predilectos deixaron de morrer, os espíritos ficaron satisfeitos e a historia comezou coa invención da escritura. O Samain é unha festa dos mortos que reclaman, por unhas horas, un sitio no mundo dos vivos, antes de que a nova primavera traia o sol, a luz e a vida outra vez á natureza.
Comentarios recentes