Tal e como falamos na videoconferencia do día 25, estamos preparando un gran debate para o mes de xuño. Nos comentarios desta publicación podedes compartir as vosas ideas, e tamén comentar sobre as do resto de nenos e nenas.
Quero agradecer moi especialmente ao noso “comité de expertas/os” por ofrecerse a facer unha posta en común dos principais aspectos a ter en conta nun debate, para que todas e todos teñamos oportunidade de aprender un pouco máis. 🙂
Este relato de Aroa Fernández, de E. Curie, recibiu unha mención especial na I edición do Concurso de Relatos Mariños convocada pola AC Naufraxios Galegos. De novo, parabéns polo teu fermoso relato, Aroa!
Agardo que o desfrutedes. 🙂
Mariñeiros, mares impoñentes, ventos bravos e calmas ou fortes marusías son elementos característicos da nosa gran terra, dende hai moitos séculos: esta é a nosa principal fonte de riqueza e o único medio de vida para centos de familias de vilas costeiras, sen parangón.
Así, arriscados pescadores saen cada día ao mar e, voltan ao solpor, satisfeitos coas súas capturas; outros vense obrigados a deixar os seus fogares durante longas tempadas indo en grandes barcos peixeiros a traballar. Ningún lle ten medo nin ao mar, nin ao vento, nin as marusías, xogándose a vida acotío.
Mulleres e fillos despídense deles con grande dó, agardando impacientes a súa volta ou alguna nova, xa que algúns nunca conseguiron regresar; as ondas do mar envolvéronos por sempre xamais.
Esta realidade era familiar para Cora, unha rapaciña, filla dun humilde mariñeiro chamado Xosé, que vivía na vila do Grove. Cada día o home saía coa súa vella dorna na procura de linguados, pescadas e meigas que vender na lonxa. Co diñeiro que obtiña podía custear os estudios de Cora; quería mantela afastada daquela dura vida. Cora e máis a súa nai, despedíanse del movendo a man e enviándolle doces bicos a través da fiestra. Mentres agardaban o seu regreso, ocupaban o tempo coas súas habituais tarefas. Cora iba a unha pequena escola da vila xunto con moitos outros fillos de pescadores, que vivían aflixidos tamén.
Todas as noites eran unha festa na casa de Cora. Cando vían chegar a dorna de Xosé ao peirao, saían correndo a recibilo con grandes apertas.
Mais un día, unha tempestade sorprendeuno no mar; este embraveceu e as ondas semelleban moi anoxadas. Aquela tarde Xosé non voltou. Cora e a nai foron a esperalo a ver se o vían chegar…pero non sucedeu. Ben entrada a noite, regresaron a seu fogar saloucando. Xa na casa consoláronse coa esperanza de que parara nalgunha vila, preto de onde se atopaba.
As semanas seguintes, Cora foi cada tarde ao porto esperando velo chegar. Nunca sucedeu. Un día, desesperada ante a posibilidade de que o seu pai non voltara decidiu facerlle una proposta ao mar: “Deixa regresar ao meu querido pai! Non fixo nada para merecer isto. Déixao en liberdade. Deixa que volva con nós. En troco, eu xúroche que sempre te protexerei, non deixarei que ninguén te aldraxe, magoe ou trate de facerte dano. Prégocho! Devólveme o meu pai!”.
O mar e as ondas apiadáronse daquela pobre rapariga e, soltaron bágoas que se viron por toda a ribeira.
Ao día seguinte Cora voltou ao peirao coa a mesma ilusión de sempre. Cando estaba a piques de irse, ao lonxe, como se dun espellismo se tratase, viu a vella dorna do seu pai. Non daba creto! Nela o seu pai ao vela comezou a abanear as mans.
Fundíronse nunha interminábel aperta e collidos da man foron para o seu fogar. Alí o reencontro coa súa nai foi memorábel.
A partir dese intre, Cora cumpriu o seu acordo co mar.
Como xa sabedes, eu tamén fixen o meu reto lector con motivo do Día do Libro, e tiven a colaboración de amigas escritoras. Aquí tedes a ligazón co resultado final:
Por certo! A RAG (Real Academia Galega da Lingua) ofrece unha app para tablet e móbil desde a que podedes consultar o dicionario e acceder a estes xogos.
Ola!
Antes de nada agardo que todas e todos vos atopedes ben. Envío un saúdo para todas e todos vós e tamén para as vosas familias. Moita forza!
Aquí deixo información dun interesante sorteo convocado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, por se vos animades a participar. Ademais, veñen de confirmar que sortean 20 lotes de libros. Seguide as indicacións, e animádevos a publicar as vosas cartas nos comentarios desta publicación. Confío na vosa creatividade! 🙂
—
ATENCIÓN, SORTEO!
#EuQuedoNaCasa e Orbil tamén. Anda un pouquichiño triste pola cancelación do Salón pero… E se xa que quedamos na , ben podiamos aproveitar para escribirlle unha e entrar no sorteo de DEZ lotes de libros (e outras cousas chulísimas!) entre todas as cartas participantes. No buzón do Salón xa recibimos algunhas pero habilitamos hoxe un BUZÓN VIRTUAL para todas as propostas que nos mandedes ao email: salondolibro@pontevedra.gal
Podedes usar a carta do programa en papel e facerlle foto e enviala, descargar a carta do web: https://www.salondolibro.gal/programacion-2020
ou facela nun documento word, nun folio, nunha folla de papel reciclado, nun cartón, cartolina, nunha folla de leituga (non, que son para comer!), en papel de WC (menos aínda que escasea!)… no soporte que vos pete, a imaxinación non ten límites! Facede unha foto á carta ou escaneade e enviade! Tedes ata o 26 de marzo e podedes enviar cantas propostas queirades! #OrbilQuedaNaCasa
#NaCasaCoSalón #CulturaNaCasa
Este curso, o alumnado de 5º EP presentamos varios relatos ao VII concurso do Museo Liste de Vigo. O de Candela López Fuciños, de María Montessori, resultou gañador na categoría 5º/6º de primaria. Parabéns, Candela!
É un orgullo que se recoñeza o traballo dunha das nosas alumnas, pero tamén o é que un grupo de nenas e nenos decidiran participar no concurso, demostrando non só interese pola nosa lingua, mais tamén calidade literaria. Parabéns a todas e todos!
Imaxes da entrega de premios:
O relato premiado:
Por último quero agradecer a xenerosidade de Candela pola doazón de parte dos seus premios, tres libros para a biblioteca da aula. 🙂
Comentarios recentes